No 2017, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia creou a campaña Loitadores coa que pretende render unha homenaxe a pacientes de todos os campos da fisioterapia.

Dende Fisioterapia O Chanto querémolo lembrar e darlle ánimos a todos os pacientes que, ben por causa directa do Covid-19 ou que, debido ao estado de Alarma, tiveron que deixar de recibir os seus tratamentos e, polo tanto, empeoraron ou súas enfermidades nos últimos meses.

Courage Loitadores, xuntos conseguirémolo.

Campaña #Loitadores 2017

Este spot é unha homenaxe para cada un de vós, loitadores do cotián. Porque a vosa loita, tamén é a nosa. Confía na Fisioterapia.

E ti, a quen lle dedicarías este poema? Compárteo e fai que chegue a todos os Loitadores.

Loitador non te deteñas,
ten cada hora novo alentó
segue a luz que te ilumina
mira acotío para o ceo.
A un lado e ao outro do camiño,
atoparás pinchos e rebos
e da estulticia e da envexa
ladraranche os cans famentos.
Loitador non te deteñas
levas a verdade no peito
e a estrela que te guía
ten resplandores eternos.

Roberto Blanco Torres(1891-1936)

Voz: Yolanda Castaño
Canción orixinal: Колокольчик (Campanilla) de Konstantin Lyadov (1820-1866)
Interpretada por Anna Blassen (soprano) e Juan Manuel Varela (pianista) ,arreglada e
gravada por Xavier Font no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de
Compostela.

“Este spot es un homenaje a cada uno de vosotros, luchadores de lo cotidiano. Porque vuestra lucha, también es la nuestra.”

Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia